4 jun 2015

Fondo de libros de texto

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO ADQUIRIDOS
CON CARGO ÁS AXUDAS DO CURSO 2014/2015

A Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto e a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se regulan as axudas para adquisición de libros de texto inclúen como requisito para poder acollerse a ditas convocatorias ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2014/2015. Deste xeito, as familias do alumnado que desexen realizar calquera destas solicitudes (fondo solidario de libros de texto ou axudas para adquisición de libros de texto para o curso 2015/2016) deberán devolver os libros de texto adquiridos con cargo ás axudas do curso 2014/15 ata do 19 de xuño de 2015, posto que a falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación nestas convocatorias.

Nos vindeiros días informarase dos libros que terá que entregar cada familia.

3 feb 2015

Reserva de praza do alumnado

O prazo para a reserva de praza do alumnado para o curso 2014/15 está aberto desde o día 1 ata o día 15 de febreiro.

A reserva de praza non é necesaria para os alumnos/as que non cambian de centro.

O alumnado que pretenda continuar estudos no IES Félix Muriel, de Rianxo, deberá presentar no noso centro o impreso que figura como Anexo I na seguinte Orde:

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

16 dic 2014

Constitución do Consello Escolar

Hoxe, día 16 de decembro, constituise o Consello Escolar cos membros elexidos nas pasadas eleccións de novembro.

O Consello Escolar do CEP Brea Segade está formado por:

EQUIPO DIRECTIVO
Andrea Pérez Garabán
Isabel Torrente Seco

REPRESENTANTES DAS FAMILIAS DO ALUMNADO
Anxela Calvo Eiras (elixida nas eleccións de 2012)
Mª José Fungueiriño Tubío (elixida nas eleccións de 2014)
José Francisco Fungueiriño Martínez (representante proposto pola ANPA)

REPRESENTANTES DO PROFESORADO
María León Carpintero (elexida nas eleccións de 2012)
Alma María Caamaño Romero (elixida nas eleccións de 2014)
Esperanza Patiño Vicente (elixida nas eleccións de 2014)

REPRESENTANTE DO CONCELLO
Ana Agrelo Rey

As candidaturas menos votadas nos sectores do profesorado e familias quedan como suplentes dos membros que teñan que abandonar o Consello Escolar con anterioridade ás próximas eleccións. Segundo os resultados das últimas eleccións, a persoa suplente no sector das familias é María Yolanda Martínez López e no sector do profesorado, Martín Antonio Mosquera Liñares.

24 oct 2014

Eleccións ao consello escolar

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares (DOG do 1 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

- Corresponde elixir no presente proceso electoral a un pai/nai, dun total de tres que debe ter o Consello Escolar. Os outros representantes continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2012.

- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais dos alumnos matriculados no Centro e incluídos no Censo correspondente que desde o día 16 de outubro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata o día 18 de novembro.

- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se inclúe. As candidaturas poderán ser presentadas ata o día 31 de outubro.

- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 5 de novembro, ás 17:30 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario/a o de menor idade.

- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 26 de novembro, de 09:30 a 17:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 09:15 horas.

- Na papeleta de votación cada elector fará constar un só nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío á Xunta Electoral do Centro.


A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,
Andrea Pérez Garabán



Achégase o modelo para presentar a candidatura:
________________________________________________________


24 sept 2014

Presentación do novo curso

Reunión inicio de curso

Estimadas familias,

Lembrámosvos que mañá mércores, día 24 de setembro, ás 17:30 haberá unha reunión xeral no centro para todas as familias do alumnado do CEP Brea Segade e, a continuación, realizaranse as reunións de titoría de principio de curso.

Agardamos a vosa participación.